As Amas de Casa de Ribeira organizan unha homenaxe ós maiores

RIBEIRA> A asociación de amas de Casa de Ribeira organiza a xa tradicional homenaxe ós maiores. será o domingo vinte e dous de marzo no restaurante Baiuca. os asistentes desfrutarán dun chocolate con churros e a actuación da cantante Mar Mar Davila.

Como cada ano, as amas de casa de Ribeira homenaxearán á terceira idade, un dos piares fundamentais da sociedade. Celebrarán un acto o domingo 22 de marzo no restaurante Baiuca. Os maiores disfrutarán dunha tarde festiva, con música e chocolatada.

Os asistentes poderán retirar invitación no propio local das amas de casa, de luns a venres, en horario de dez e media a unha. A asociación fletará un autobus que sairá ás catro e media da estación de Ribeira para desprazar a tódolos asistentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí