O Extrugasa cae ante o Celta, pero ofrece a súa mellor cara

plantilla_deportesextrugasacelta.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa cae derrotado onte ante o Celta en Fontecarmoa, por 70 a 74, no seu segundo partido de pretempada. Pese a perder, as de Tito Díaz, ofreceron unha grata impresión ós seus afeccionados.

{flowplayer}images/salnes/PARTIDO_EXTRUGASA.flv{/flowplayer}

O encontro caracterizouse pola igualdade. De inicio o Extrugasa saliu con moita forza, cun parcial de 9-0, polo que o Celta tivo que ponerse as pilas e subir o esforzó físico para reconducilo electrónico. No primeiro cuarto, o Extrugasa deixou moi claro que este ano será un equipo con potencial e versatilidade dentro da zona, onde destacaron Stevenson e Vynuchalova. Tamén Adams demostrou capacidade para marcar diferenzas, sobre todo, nsegundo tempo. De novo a súa intensidade defensiva pasoulle factura. Tal e como ocurrira no partido da Copa Galicia ante o Pío XII, dúas faltas rápidas a levaron ó banquillo moi pronto na primeira parte.

As vilagarciás mantivéronse por diante do marcador con diferenzas mínimas durante todo o segundo cuarto. Pero dous triples consecutivos de Blanca Marcos no último minuto, deixaron o marcador en 32-25 ó descanso. A posta en escena do Celta no terceiro cuarto foi espectacular, sobre todo, grazas ó seu acerto dende a liña situada agora a 6,75 metros da canastra. A base dun bombardeo de triples, as viguesas abriron a brecha para unha ferida mortal, 38-52. Sen embargo, as de Tito Díaz non se viñeron abaixo e con paciencia, buscando balóns dentro da zona, atopou as vantaxes para evitar que o Celta puxera a directa definitivamente no electrónico. Ó final do terceiro parcial, 49-58 no marcador.

Ó inicio do último cuarto, o Extrugasa reduciu a diferenza a seis puntos de entrada, pero outro triple de Marcos e a defensa en zona viguesa, voltaron a precipitar unha nova brecha. As locais apertaron e chegaron ó tramo final con opción de gañar, a falta de dous puntos. A pouca fortuna evitou que o Extrugasa completase a remontada. Pese a todo, o público despediu cunha ovación ó seu equipo.

Redacción Salnés