A Misela e o concello de Noia asinan un convenio de colaboración

    NOIA> O concello noiés vén de asinar un convenio de colaboración coa asociación A Misela por un importe total dun once mil euros. A axuda permitiralle a entidade poder seguir dando cobertura as persoas con algún tipo de discapacidade de toda a comarca. Dende o goberno local destacaron a importancia deste acordo que segue unha das liñas do seu programa económico, centrado no gasto social e no apoio ó tecido asociativo, especialmente cunha entidade, como é A Misela, que fai un labor moi importante en Noia e na bisbarra.