Os bombeiros do Salnés extinguen un incendio na nave Charpo

    NAVE_CHARPO copy.jpg VILANOVA> Ó final só foron uns escombros polo que o extinguiron con rapidez. Polo momento, descoñécense as causas que o orixinaron.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_NAVE_CHARPO.flv{/flowplayer}
     
    Ás dúas e vinte do mediodía o 112 daba a voz de alarma ós Bombeiros do Salnés informándolles de que estaba ardendo a nave Charpo, en Vilanova. Ata o lugar desprazáronse tres coches de bombeiros. Ó final resultaron ser uns escombros que estaban ardendo polo que non tiveron problema para extinguilo lume.
     
    Ata o momento descoñécense as causas que orixinaron o lume pero segundo o capataz dos bombeiros xa non é a primeira vez que se rexistra un incendio destas características nesta nave.
     
    Esta nave, ex propiedade dos Charlíns forma parte do lote dunha serie de bens que lle foron comisados ó clan. A gran parte deles, entres os que se atopa o Pazo de Vista Real, serán subhastado o próximo mes pola Axencia Tributaria. A nave Charpo subhastarase noutro momento debido a que está suxeita a un expediente de expropiación por parte de Portos de Galicia.
     
     
    Redacción Salnés