Trabandainas organiza  unha nova ruta solidaria a favor da Asociación A Misela

NOIA> A cita será o vindeiro domingo 20 de outubro con saída dende a alameda noiesa, ás nove e cuarto da mañá.

Esta mañá presentábase en Noia a Ruta Solidaria en favor da Asociación A Misela que volve a organizar o Club Trabandainas, en colaboración con outras entidades, entre as que se atopa o propio Concello. A cita terá lugar o próximo domingo 20 de outubro con saída dende a alameda ás nove e cuarto da mañá.

Cun percorrido duns doce quilómetros a ruta visitará espazos de especial interese na comarca.

dende o Concello, que colabora coa proba, fan unha chamada á participación nesta ruta solidaria, xa que a finalidade ben o merece.

Dende A Misela destacaron tamén a proposta.

As inscricións na ruta xa están abertas, podéndose realizar ata o vindeiro mércores 16 de outubro, a través da web de Cronocheck.  O custe será de 5 euros. dende a organización agardan superar as cifras da edición anterior, na que participaron unhas catrocentas persoas.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí