Veciños de Ribeira recollen firmas para a volta do seu médico de cabeceira

    mdico2_100_040806.jpgRIBEIRA >  Un grupo de usuarios do centro de saúde de Ribeira está a recoller firmas para conseguir que o que era dende varios anos o seu médico de cabeceira se manteña no seu posto. Os pacientes afectados levan reunidas máis de 400 rúbricas e afirman que non cederán ata que o doutor regrese.

    Germán Allut foi trasladado o día 1 de Agosto ó consultorio da parroquia ribeiresa de Aguiño deixando a praza de sustituto que ocupaba dende fai varios anos no Centro de Saúde de Ribeira. A partir dese momento, os usuarios que o tiñan como médico de cabeceira comezaron recoller firmas para que o doutor volvese ó seu posto. Polo momento estes veciños levan reunidas máis de 500 rúbricas, que teñen previsto entregar a semana que ven na Xerencia de Atención Primaria de Santiago. 

    protesta_200_040806.jpgOs afectados comentaron que estes días están a ser atendidos por outros médicos do centro de saúde de Ribeira mentras non chega a nova doutora e aínda que afirman non estar descontentos co trato e cos servizos prestados por estes facultativos eles din preferir ó que era o seu médico de cabeceira dende fai moitos anos non só pola súa calidade profesional senón tamén personal. 

    Ademais tamén indicaron que están seguros de que Germán Allut prefire ocupar a súa praza en Ribeira aínda que non se quere involucrar no asunto. Os veciños pola súa banda continuarán protestando ata que a situación se resolva e non descartan incluso facer algunha manifestación polas rúas da localidade.

    Redacción Barbanza