O BNG pide que se executen os acordos sobre violencia de xénero

    POBRA> Entre as propostas aprobadas pola corporación municipal nos últimos anos e que aínda non se puxeron en marcha figura un plan de traballo de prevención entre a mocidade. Como vén sendo habitual ó achegarse a conmemoración do 25 de novembro, día en contra da violencia contra as mulleres, o BNG levará ó vindeiro pleno unha iniciativa solicitando que se executen determinadas propostas que nos últimos anos foron aprobadas pola corporación municipal nesta materia, e que, a día de hoxe, aínda non se puxeron en marcha. Entre os acordos figura a necesidade de levar a cabo un plan que recolla as necesidades reais en canto a recursos materiais e humanos relacionados cos casos de violencia de xénero, así como desenvolver tamén traballo de prevención entre a mocidade, en colaboración cos centros educativos do municipio.