O Barbanza contará cun hospital de día oncolóxico

BARBANZA> A Xunta de Galicia habilitará un Hospital de Día OncoHematolóxico no Hospital do Barbanza. A nova unidade dará servizoa máis de 600 paceinte ó ano, evitando o seu desprazamento ó Clínico de Santiago.

A Xunta de Galicia vén de anunciar a creación de unidades oncohematolóxicas de día nos hospitais do Barbanza e de Cee. Así, o Sergas destinará este ano preto dun millón e medio de euros para a posta en marcha destes hospitais de día, con maior esforzo inversor no Barbanza posto que será preciso construír un novo espazo para albergar o servizo. as previsións que manexa a Consellería de Sanidade é que esta nova unidade atenda a uns 640 pacientes ó ano, tendo en conta a taxa de incidencia do cancro e a poboación da comarca.

Alí terán acceso a tratamentos ambulatorios relacionados con doenzas oncolóxicas e hematolóxicas como quimioterapia ou transfusións, sen necesidade de desprazarse ata Santiago nin de hospitalización prolongada.

Con esta iniciativa, a administración autonómica busca unha mellora da calidade de vida dos doentes que poden recibir atención médica sen interromper significativamente a súa vida diaria. A posta en marcha destas unidades permitirá ademais a inclusión de programas de prevención e detección precoz así como servizos de apoio psicosociais e terapias.