Emigrantes retornados protestan ante a sede ribeirense de Facenda

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/02/mobilizacionemigrantesretornadosarousanorte0209141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/02/mobilizacionemigrantesretornadosarousanorte020914.mp4{/flowplayer}

RIBEIRA> Realizarán unha concentración cada mes ata final de ano.

Decenas de emigrantes retornados, procedentes de distintos puntos das comarcas de Barbanza e Muros Noia, xuntáronse en Ribeira para realizar unha sonora manifestación que evidencia a súa indignación ante o que está a suceder coas súas pensións. Cualifican de atropelo as multas que interpuxo Facenda contra eles ó non declarar as pagas do estranxeiro. Esixen a paralización dos expedientes abertos ou a apertura doutros novos.Os emigrantes retornados uniron as súas voces ó longo do seu percorrido, que transcorreu desde a delegación de Facenda ata o Concello, acompañados de tarteiras e chifres. Os afectados, na súa gran maioría, sitúanse entre os 70 e os 90 anos de idade polo que insisten, non son defraudadores, tan só emigrantes.

Comments are closed.