NOIA> Dende a formación considérase que o Plan non satisfai as principais necesidades dos veciños do municipio.
A Marea de Noia ve con bos ollos o Plan de Transporte de Galicia, pero aínda así consideran que debe mellorarse ó presentar importantes deficiencias no que se refire á mobilidade interior do municipio e non se axusta ás necesidades dos noieses.
Ainda así a Marea decidiu presentar varias alegacións ó Plan de cara a mellorar a actual situación. Para a formación algúns dos usos máis importantes do transporte público son para para acudir ó centro de saúde, ó que só chegará unha liña de bus, e para realizar compras, pero non hai tampouco ningunha parada prevista na praza de abastos.
Comments are closed.