Unha aldea practicamente illada ante o deterioro da única vía de acceso

queiro.jpgPORTO DO SON> Os veciños da aldea de Queiro denuncian o abandono deste núcleo. O deplorable estado dos accesos déixao practicamente illado.

{flowplayer}barbanza/accesosqueiro.flv{/flowplayer}

O mal estado da pista que conecta a aldea de Queiro, na parroquia sonense de Nebra, coa estrada xeral dá idea do abandono en que se atopa sumida.

Os veciños temen que, de seguir así, acaben de deixar de prestarlle servizos báisicos. Ata o momento, o servizo de recollida do lixo realizase unha vez por semana, nun camión pequeno. Sen embargo, o crecente deterioro da pista, chea de fochancas, que cada vez van a máis fan ós veciños poñerse no peor.

Á falla de servizos súmase o perigo de accidentes por mor do mal estado das vías de comunicación así como o risco de incendios posto que as cunetas atópanse cheas de maleza e sen ningún tipo de mantemento.

Promesas incumpridas

Tras facerlle chegar as súas queixas, o concello comprometeuse a amaña-los accesos e mellorar o contorno das oito vivendas que conforman esta aldea no prazo de dúas semanas. Prazo superado xa con creces sen que ata o momento ningún operario municipal se achegase polo lugar.

Da problemática destes veciños fíxose eco a agrupación local do PP quen, cando ostentaba o goberno municipal, acometeu o parcheado da pista e chegou a orzamentar un proxecto para a mellora integral da aldea.

Mentres as súas reivindicacións semellan caer en saco roto, os veciños tan só piden que se lles dea igual servizo que ó resto de cidadáns do municipio posto que pagan os mesmos impostos.

Redacción Barbanza