Independentes alerta da ‘degradación brutal’ do encoro

    ENCORO_CALDAS_100.jpgCALDAS> O voceiro da formación asegura que as últimas análises de Augas de Galicia sitúan o entorno da Baxe no nivel de alerta 1. 

    {flowplayer}images/salnes/INDEPENDENTES_CALDAS_UMIA.flv{/flowplayer}

    As fotografías que presenta o grupo Independentes por Caldas de Reis non teñen desperdicio. Foron tomadas o pasado sábado no entorno do Río Umia e no encoro da Baxe. Con elas tratan de documentar de xeito gráfico a denuncia que veñen realizando sobre a situación da auga que subministra á Estación de Tratamento municipal.

    E como mostra, Fernando Pérez, voceiro de Independentes de Caldas, amosou catro botellas, unha con auga do encoro, outra do punto de captación, unha terceira de auga que recollen os caldenses cando abren a billa no seu fogar, e a extraída nun pozo particular. Segundo os datos das últimas análises realizadas por Augas de Galicia, o nivel de microcistina marca cifras récord no concello, situando a Caldas no nivel un de alerta. Non é o máis elevado, pero para Fernando Pérez, si preocupante. A microcistina é unha bacteria tóxica para os humanos, que pode causar alteracións gastrointestinais ou alerxias.

    Ante esta situación, o grupo de Independentes presentará no vindeiro pleno unha moción esixindo máis información e a toma de medidas tanto a Xunta como a Goberno Local. Entre elas, o estudo encargado no 2008 para a construción dunha estación de auga potable alternativa en San Andrés, informes sobre o funcionamento das depuradoras de Paradivas e Hervés Troáns, ou que a consellería de Sanidade sinalice as zonas aptas para o baño.

    Redacción Salnés