Oito denuncias por incumprir as normas en Rianxo

RIANXO> Ata un total de oito denuncias por incumprir as normas decretadas pola aprobación do estado de alerta. Este é o balance realizado pola Policía Local ea Garda Civil de Rianxo ó longo dos últimos días. Esas oito denuncias producíronse por non xustificar a súa presenza na vía pública. Tamén se denunciou a un establecemento hostaleiro por incumprir as restricións impostas. Dende a entrada en vigor da emerxencia sanitaria fixéronse  un total de 87 controis a vehículos circulando pola rede de estradas do municipio, identificándose a un total de 32 persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí