POBRA> Os populares consideran fóra de lugar e atemporal a idea do equipo de goberno de sacar adiante os presupostos a estas alturas do ano. Para o PP este é un exemplo máis da deriva á que o goberno municipal de Nós Pobra está a levar ó municipio. A idea do executivo de sacar adiante o documento orzamentario a estas alturas do ano, con apenas tres meses para rematar o presente exercicio, parécelles inviable. Na proposta de orzamento que o goberno lle entregou á oposición, o PP bota en falla partidas destinadas ó desenvolvemento empresarial e comercial, para eles vitais para o relanzamento do Concello. Tamén botan en falla moitas das actuacións que resultaron aprobadas este ano en pleno e que non foron incluidas. Da actual situación de estancamento na que segundo eles está sumido o municipio non só responsabilizan ó equipo de goberno de Nós Pobra, dende o PP sinalan ó BNG e Partido Socialista, por permitirlle cos seus apoios, seguir gobernando.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









