As nais de Deán Grande cren que Educación quere pechar o centro

    mamascaramecheiro.jpgRIBEIRA> A Inspectora de Zona, Isabel Senra reiterou ós proxenitores que ó centro tan só lle corresponde un profesor.

    As nais e pais dos alumnos do colexio Deán Grande en Ribeira non teñen nin a máis mínima intención de renderse e seguirán loitando na procura dunha educación de calidade para os seus fillos.

    {flowplayer}barbanza/mamascaramecheiro.flv{/flowplayer}

    A Inspectora de Zona da Consellería de Educación, Isabel Senra, ca que mantiveron unha xuntanza, negoulles o segundo profesor para o centro aludindo que para vinte alumnos correspóndelles unicamente un mestre. O que non entende estes proxenitores é como hai colexios con ratio máis baixa de alumnos e con máis dun profesor.

    Reunión co alcalde

    Deste xeito o seguinte paso será solicitar unha xuntanza co Conselleiro de Educación. Asemade están a espera de reunirse co alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer. Malia que pediron por escrito esta reunión de momento non obtiveron resposta da alcaldía.

    As nais critican que a Consellería de Educación puxera límite á matrícula de alumnos cando había demanda de prazas. Teñen a impresión de que a intención da Xunta e pechar o colexio.

    Con todo, estes proxenitores farán todo o posible porque manter aberto o colexio, xa que doutro xeito, terían que levar os seus fillos a centros situados máis lonxe do seu domicilio. O problema chegaría entonces como desplazalos ata alí. Algúns pais non teñen medio de transporte propio e outros consideran que os cativos son moi pequenos para viaxar en autobús.

    Redacción Barbanza