Tres de tres. Continúa a escalada do Inelga

baloncesto250_180208_001.jpgSALNÉS > A única mala nova en baloncesto chegou donde Sevilla xa que o Extrugasa non puido pasar dos cuartos de final na Copa da Raíña, pero Inelga e Establecimientos Otero acadaron sendas victorias.

O Inelga confirmou a súa melloría e gañou con autoridade ó segundo clasificado, o Pas Piélagos por 77-67. Os de Juan Espiñeira suman con esta a súa terceira victoria consecutiva o que lles afasta dos postos baixos da táboa. Os vilagarciáns cimentaron o seu triunfo nun gran arranque de encontro no que foron quen de endosarlle ó rival un 11-0 de parcial.

Sempre foi por diante no marcador e pese a que os cántabros lograron achegarse a sete puntos nalgunha ocasión, nunca estiveron en disposición de roubarlle-la victoria a un Inelga que está en racha. Pablo Villalonga e Juan Mato levaron o peso en ataque con 20 e 16 puntos, respectivamente.

Unha división por debaixo, o Establecimientos Otero impúxose con suficiencia ó Peleteiro de Santiago. O rival prometía dar guerra, despois de vencer a pasada semana ó líder. Pero os cambadeses tiraron de calidade e conxunto para impoñerse por 70-59 e manter así a segunda posición na xeral a dúas victorias do Pabellón e empatado co Obradoiro.

Por último falar do Extruagasa que voltou esta mañá de Sevilla, despois de ter uns días de descanso na capital hispalense trala súa eliminación prematura da Copa. As de Isaac Fernández centraranse agora exclusivamente na Liga na que este sábado reciben en Fontecarmoa ó Hondarribia Irún.

Redacción Salnés