A I Feira do Equipamento para o Fogar acada o 90% da ocupación

    fexdegainstalacion copia.jpg VILAGARCÍA> O salón abre mañá en Fexdega e a partir do martes sumaranse a Multisectorial e Openmoble.

    {flowplayer}images/salnes/FEIRA_FEXDEGA_INSTALACION111111.flv{/flowplayer}

    A primeira Feira Ibérica de Equipamento para o Fogar ocupará o 60% do recinto feiral e estará ó 90% da súa capacidade. Unhas cifras que permitiron ós organizadores estar satisfeitos co resultado. Ademais, nesta ocasión o 15% dos expositores serán locais.

    Pola súa banda, tanto a Multisectorial coma Openmoble, que abrirán as súas portas o martes, situaranse no 40% restante de espazo dispoñible. En conxunto tres feiras que permitirán ó usuario atopar desde mobles, pasando por alimentación, limpeza, banca ou automoción.

    Ademais, os organizadores agardan superala cifra de visitantes do ano pasado xa que ademais ofrecerán un servizo de gardería. Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, sinalou que antes de final de ano presentarán o proxecto deste recinto Feiral para o vindeiro ano.

    O Presidente da Cámara de Comercio, Carlos OUbiña, anunciou tamén que do 26 ó 30 de decembro Fexdega acollerá unha nova edición de Galinfancia.

    Redacción Salnés