![]()
VILAGARCIA> A Deputada Nacionalista no Congreso, Olaia Fernández Davila, ven de comprobar sobre o terreo como o trazado do muro protector da futura vía ferroviaria…
{flowplayer}images/salnes/bng_muro_escardia.flv{/flowplayer}
… de Alta Velocidade á altura da estación de Vilagarcía se desvía nun camiño veciñal obstaculizando o paso dos vehículos no acceso á Escardia. Foron os propios veciños os que lle deron conta dos pormenores desta actuación que está a ser executada arestora.
Unha vez que constatou os feitos, a deputada do BNG asegurou que elevaría este problema ante o propio Ministerio de Fomento, onde lle explicarán a propia titular Ana Pastor, a necesidade de solventar este problema canto antes.
Xunto con este caso particular, os nacionalistas volverán a pedir que se teñan en conta medidas de protección dos peóns á hora de atravesar ás vías, sobre todo naquelas estacións onde se compatibilizará o uso das cercanías co da alta velocidade, coma neste caso.
Os veciños da Escardia agradeceron de boa grao o interese mostrado, e agardan que, entre uns e outros, lle dean axudado neste novo problema no acceso ós seus fogares.
Redacción Salnés









