Multitudinaria manifestación en Palmeira en defensa da sanidade pública

RIBEIRA> Palmeira berrou unida por unha sanidade pública de calidade. Centos de persoas participaron na mobilización convocada este domingo para reclamar un médico a tempo completo na localidade.

‘Palmeira, en loita e Palmeira non se pecha’. Baixo estes lemas, centos de persoas partiron este domingo do lugar da Lagüiña para reclamar a cobertura a tempo completo da baixa do médico de Palmeira.

A manifestación discorreu ó longo da AC-305, a  principal vía da localidade, polo que moitos condutores tiveron que ser desviados por estradas secundarias. A mobilización rematou ás portas do centro de saúde onde tivo lugar a lectura dun manifesto a cargo da plataforma veciñal convocante da mobilización.

Temen que esta situación derive finalmente no peche do centro de saúde de Palmeira, tal e como aconteceu en Taragoña e Cabo de Cruz.  Así as cousas, dende a plataforma teñen previsto seguir adiante con novas protestas ata conseguir a cobertura estable e continuada da praza de médico na localidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí