Inaugurada a mostra ‘Heteroxénea’ na Casa de Cultura da Pobra

POBRA>  A exposición, de Aida López e Marián Briones, fai un percorrido íntimo que enlaza a materia prima do subconsciente coa materia final do consciente.

A mostra ‘Heteroxénea’ de Aida López e Marián Briones que pode visitarse na casa de cultura da Pobra está composta por un total de 36 obras realizadas en diferentes técnicas e formatos, dende o gravado á fotografía, pasando polo debuxo ou a propia escultura, de aí o acaído do título.

A exposición desta dúas autoras naturais da Pobra, é froito da amizade xurdida durante os seus estudos na facultade de Belas Artes.

Ademais das dúas autoras, na inauguración da exposición tomou parte tamén a edil de Cultura, Patricia Lojo, que destacou a beleza da exposición, animando a toda a veciñanza da Pobra e tamén da comarca a visitala.

A exposición permanecerá aberta ó público ata o vindeiro 2 de marzo. Podéndose realizar de luns a venres, en horario de dez a unha polas mañás e de cinco a oito polas tardes, seguindo as medidas implantadas por mor da covid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí