A Copa Graünner trae a velocidade a augas de Sanxenxo

SANXENXO> Este sábado celébrase en Sanxenxo o II Trofeo Copa Graünner. Trátase da única proba de cantas se celebran en España que comprende as tres categorías da motonáutica de forma simultánea. O evento foi presentado esta mañá nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo.

{flowplayer}images/salnes/copaGraunner_230910.flv{/flowplayer} 

Sanxenxo acolle a Copa Graünner, un evento que ofrecerá emocións e adrenalina durante toda a xornada do sábado, xa que se disputan dúas competicións valedeiras para o campionato galego de motonáutica, nas modalidades de Offshore e Neumáticas PR-550, e o trofeo Galaico-Portugués de motos acuáticas. Esta é xa a segunda edición dunha Copa Graünner que quere seguir medrando. 

A primeira carreira da xornada tomará a saída ás 12:00. Serán as motos acuáticas as primeiras en saír ó mar para completar dúas mangas de 30 minutos ó redor dun circuito de doce boias. A proba é valedeira para o trofeo Galaico-Portugués.

A continuación sairán as embarcacións neumáticas, no que será para elas a quinta e derradeira proba do campionato galego. O tándem formado por Óscar Martínez e Eva María Trezado téñeno todo de cara para alzarse co título.

Por último farán acto de presencia as embarcacións offshore, cos seus potentes motores de 300CV. Os 130 quilómetros por hora que alcanzan asegiuran un espectáculo sen igual, xa que ademais Galicia é a única autonomía na que se disputa esta competición. 

A Copa Graünner celébrarase durante todo o sábado, dende as 10:00 ata as 20:00. Todo aquel que se achegue ata o paseo de Silgar poderá contemplar de preto o espectáculo da velocidade sobre o auga.

Redacción Salnés