![]()
CALDAS> O Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, pediu tranquilidade ante a situación do encoro da Baxe.
{flowplayer}images/salnes/TOURIS_ENCORO_CALDAS.flv{/flowplayer}
Tranquilidade. Foi a palabra máis repetida na visita do delegado territorial da Xunta en Pontevedra e o alcalde de Caldas de Reis ó encoro da Baxe. José Manuel Cores Tourís quixo transmitir calma á poboación asegurando que a auga se atopa en boas condicións e que se pode consumir sen problemas.
Do mesmo xeito o ratificou o alcalde, Juan Manuel Rey, quen sinalou que se están a facer analíticas diarias, con resultados favorables. Explicou que para a tranquilidade veciñal, éstes colgaranse na web do concello (www,caldasdereis.com), e mañá remitiranse cartas coas medidas a levar a cabo.
O subdirector xeral de Dominio Público e Hidráulico, tamén pediu tranquilidade e sinalou que esta clase de cianobacterias, as microcistis, contan con gran complexidade á hora da súa eliminación.
Ante a falta de datas para a súa erradicación, o alcalde de Caldas pide ós veciños un consumo responsable, xa que a depuradora non funciona ó 100%, e cabe a posibilidade de cortes. En caso de continuar a situación, o Concello estuda modificar a captación de auga ou suministrala mediante camións cisterna.
Redacción Salnés









