A humorista Isabel Risco conducirá a cuarta Gala do Deporte de Ribadumia

RIBADUMIA> Ribadumia quenta motores para a súa cuarta Gala do Deporte. O evento serve para poñer en valor o traballo de deporti stas, clubes e patrocinadores que contribúen a que o deporte medre na localidade. Este ano a gala estará conducida pola humorista Isabel Risco.

Enxalzar ós deportistas, patrocinadores, clubes e a todo aquel que fai deporte en Ribadumia e que axuda a facer deporte na localidade. O municipio ten todo listo xa para a cuarta edición da súa Gala do Deporte, un evento co que pretenden render homenaxe á familia deportista ribadumiense.

O xurado, conformado por membros do Concello, das entidades deportivas e dos medios de comunicación da comarca, incluído Canal Rías Baixas, xa se reuniu e deliberou sobre os finalistas das distintas categorías. A Gala serve para promociona-lo deporte a tódolos niveis, aínda que no Concello fan especial fincapé nas categorías infantís.

Na pasada edición, a Gala foi conducida polo humista Pepo Suevos. Desta volta, a mestra de cerimonias será Isabel Risco. A Gala terá lugar o sábado 19, ás 8 do serán, no Auditorio de Ribadumia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí