Cores Tourís:’A auga do encoro é apta para o consumo’

    encoro_caldas100.jpgCALDAS> O Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, pediu tranquilidade ante a situación do encoro da Baxe.

    {flowplayer}images/salnes/TOURIS_ENCORO_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Tranquilidade. Foi a palabra máis repetida na visita do delegado territorial da Xunta en Pontevedra e o alcalde de Caldas de Reis ó encoro da Baxe. José Manuel Cores Tourís quixo transmitir calma á poboación asegurando que a auga se atopa en boas condicións e que se pode consumir sen problemas.

    Do mesmo xeito o ratificou o alcalde, Juan Manuel Rey, quen sinalou que se están a facer analíticas diarias, con resultados favorables. Explicou que para a tranquilidade veciñal, éstes colgaranse na web do concello (www,caldasdereis.com), e mañá remitiranse cartas coas medidas a levar a cabo.

    O subdirector xeral de Dominio Público e Hidráulico, tamén pediu tranquilidade e sinalou que esta clase de cianobacterias, as microcistis, contan con gran complexidade á hora da súa eliminación.

    Ante a falta de datas para a súa erradicación, o alcalde de Caldas pide ós veciños un consumo responsable, xa que a depuradora non funciona ó 100%, e cabe a posibilidade de cortes. En caso de continuar a situación, o Concello estuda modificar a captación de auga ou suministrala mediante camións cisterna.

    Redacción Salnés