O sistema solar pode visitarse en Vilagarcía grazas á exposición do cineasta Michael Benson

VILAGARCIA> O sistema solar está máis preto de Vilagarcía grazas á nova exposición que a fundación La Caixa trasladou na vila. A mostra recoller unha recompilación de 40 fotos reais da Nasa e da Axencia Espacial Europea dende o sol ata Plutón. As imaxes foron tratadas polo cineasta Michael Benson para que se vexan na súa cor real.

Coñecer o sistema solar como se o vísemos dende un telescopio é posible grazas á nova exposición que a Fundación la Caixa trasladou a Vilagarcía. A mostra está composta por 40 fotos reais da Nasa e da Axencia Espacial Europea recollidas polo cineasta Michael Benson.

As imaxes reais están en branco e negro, pero grazas á edición e o traballo de Michael Benson as fotos poden observarse tal cal as vería o ollo humano.

A exposición está situada na Avenida da Mariña, diante do antigo edificio da Comandancia da Mariña. Dende o concello invitan a todos a achegarse a gozar desta exposición.

As imaxes están ordenadas de tal forma que se poidan gozar dende o Sol ata o planeta anano de Plutón. Haberá visitas guiadas e a exposición estará dispoñible tanto de día como de noite. Destacando dende La Caixa o impresionante que se ven as fotografías tralo ocaso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí