![]()
POBRA> O Parlamento aprobou unha iniciativa do PsdeG, coas aportacións do PP, instando á Xunta a intensificar o plan de control de vertidos á ría.
{flowplayer}barbanza/psoepobranovosvertidos.flv{/flowplayer}
A proposta, que partía da moción da agrupación municipal da Pobra ante o incremento de emisións de carácter industrial, saíu adiante un día despois de rexistrarse un novo vertido no río Morto.
A voceira dos socialistas da Pobra denunciou os feitos ante a Policía Local quen levantou acta do vertido presuntamente de orixe industrial. Dende o PSOE culpan ó executivo de seguir facendo a vista gorda cos vertidos mentres se inviste máis dun millón de euros nun paseo fluvial ó longo do río Morto en lugar de centrar esforzos en sanealo.
Ante estas acusacións, o alcalde explicou que se vai acometer un proxecto de dragado e limpeza do río así como a instalación dun sistema de control de vertidos mediante cámaras.
Os socialistas levan anos denunciando a existencia deste tipo de prácticas ante a permisividade do goberno local que non fai valer a súa autoridade para sancionar ás empresas infractoras.
Maior control
Pola contra, a cámara autonómica aprobou hoxe unha proposta dos socialistas coa incoporación dunha emenda dos populares, para facer cumprir a lexislación ambiental no concello da Pobra extendendo a intensificación do plan de control dos vertidos a toda a ría de Arousa.
Redacción Barbanza









