RIBEIRA> O sector pesqueiro galego non descarta o amarre da flota se non se produce unha baixada no prezo do gasóleo, que supera xa sobradamente o euro por litro. A federación galega de Confraría reunirase este sábado para tomar medidas, entre as que non se descarta un paro indefinido da flota.
O sector pesqueiro galego vive con gran desasosego a actual situación bélica en Ucraína, e a conseguinte escalada de prezos do combustible, xa por riba do euro o litro. De seguir así, non descartan ter que amarrar como xa tiveron que facer algunhas embarcacións
A Federación Galega de Confrarías ten previsto celebrar xa este sábado unha reunión na que abordar o impacto desta subida na flota e tratar de acordar algunha medida para paliar a actual situación.
Mentres tanto, continúan á espera de ser recibidos polo ministro de Pesca; unha xuntanza que xa solicitaron hai unha semana dada a importancia da pesca como sector estratéxicos da economía non só galega senón de toda España.