Os traballadores de Atunlo do Grove comezan a mobilizarse contra o despido de 14 compañeiros

O GROVE> Comezan as mobilizacións dos traballadores de Atunlo no Grove polo despido de 14 empregados. Dende o comité de empresa sinalan que a compañía actuou de mala fe e de forma inxustificada contra os traballadores. Continuarán mobilizándose, e non descartan ir á folga, se a empresa non readmite aos 14 compañeiros.

Os traballadores e traballadoras da empresa Auntlo do Grove comezaron as mobilizacións contra a decisión da empresa de despedir a 14 empregados. Segundo indican dende o comité, a empresa tomou a decisión de maneira repentina e por sorpresa sen abrir ningún tipo de vía ás negociacións. Os traballadores non están de acordo con esta decisión e por iso, máis de 50 persoas manifestáronse diante da fábrica.

Segundo indican os traballadores, a empresa xustificou estes despidos en causas obxectivas, pero os empregados sosteñen que a empresa continúa traballando con normalidade e que incluso está ampliando a fábrica.

Os traballadores tamén indican que a empresa alega descenso de ingresos e aumento dos costes pola folga dos transportes e pola guerra. A Cig levará o caso aos xulgados para que a empresa demostre que os despidos son xustificados.

As mobilizacións continuarán o vindeiro martes 20 de abril. Dende a CIG non descartan incluso chegar á folga se a empresa non readmite aos 14 despedidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí