RIBEIRA> O PP de Ribeira esixe ó goberno local maior axilidade nos proxectos herdados do anterior executivo. Poñen como exemplo a futura biblioteca e a nova sede do club de remo que, a pesar de estar adxudicadas, aínda non deron comezo.
Os populares son moi críticos coa xestión do actual goberno municipal, ó que acusan de ter Ribeira paralizada sen acometer os trámites necesarios para dar saída ás obras que deixaron encamiñadas.
Ademais da biblioteca, denuncian a paralización do futuro edificio de edificios náuticos proxectado no porto de Aguiño, xa adxudicado pero sen visos de dar comezo a curto prazo.
Non son estas as únicas obras que os populares botan en falta posto que demandan tamén que se remate a parada central de autobuses que aínda non entrou en servizo. neste punto denuncian ademais o mal estado dos arredores desta instalación que acumulan entullos e lixo en pleno centro do pobo.










