Vilalonga e Portonovo dan a nota positiva da xornada futbolística

futbol250vid_210108_001.jpgSALNÉS > Os de Josiño Abalde continúan intratables en San Pedro mentres que en Baltar cóllese un pouco de aire tras vencer ó Bouzas e deixar o descenso a seis puntos. Arousa e Céltiga non pudieron cos seus respectivos rivais.

Aprétase todo na parte alta da táboa de Terceira División. Seis equipos metidos en cinco puntos e loitando por dúas prazas que darán dereito a xoga-lo playoff de ascenso. E o Vilalonga entre eles, que continúa imparable coma local e venceu onte a un rival directo, o Alondras (2-0). Os goles de Machu e Luismi certificaron a superioridade local. A actuación do porteiro visitante Nando, evitou unha goleada.

Por outra banda, o Arousa non foi quen de prolonga-la súa xeira positiva de resultados ante o Lalín (2-1). Os de Laxes xogaron gran parte da segunda metade en superioridade numérica debido á expulsión do local Manu, pero non foron quen de remontar. A nota negativa é que para o vindeiro encontro perden a Damián e Fernando, que viron o cartón vemello na recta final por protestarlle ó árbitro. Tamén será baixa Pazos ó que lle amosaron a quinta amarela.

Derrota do Céltiga na casa ante o Montañeros (0-1). Os da Illa continúan sen atopa-lo camiño do gol e de novo perdoaron en exceso. Por se fosen poucas as desgracias, o tanto visitante acadouno Vicente en propia meta.

O que respira é o Portonovo, que abre xa unha distancia de seis puntos co descenso trala victoria do sábado ante o Rápido de Bouzas (1-2). Gran partido do debutante Baptiste, que foi un perigo constante na mediapunta e de Curiel, autor dos dous tantos.

Unha división por debaixo, trece semanas despois, o Ribadumia perdeu. Foi ante o Cultural Areas; tiñan o partido controlado, con 0-2 no minuto dez, pero deixáronse remontar para caer finalmente por 3-2.

Fóronlle mellor as cousas ó Unión do Grove, que venceu na casa por 3-1 ó Caselas, co que toma aire na xeral. Dous tantos de Alex e un de Taja deron o triunfo ós mecos.

Ademais, o Boiro caeu ante o Castro por 1-0 e Noia e Flavia empataron sen goles.

{flowplayer}images/salnes/futbol_210108.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés