As cianobacterias obrigan a declarar o nivel 2 de alerta en Segade

    agustin_copia100.jpgCALDAS> A consellería de Medio Ambiente insisten en que a auga é apta para o consumo e sinalan o baixo nivel do encoro e algunhas prácticas agrarias como responsables.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRO_MATI_ENCORO_CALDAS.flv{/flowplayer}

    A pesares de que as probas realizadas polos técnicos de Augas de Galicia durante a fin de semana, revelaron unha diminución da mycocistis, rexistrouse unha importante concentración de cianobacterias, un nivel que obriga a realizar controis da auga diarios a pesares de non ser perigosos. Na estación de captación de Segade, Augas de Galicia elevou o nivel de alerta ó 2, mentres que na de Rabuñade, declarouse a alerta 1. Sen embargo, o conselleiro de Medio Ambiente insiste na calidade da auga.

    Segundo Agustín Hernández, este é un problema que aparece cada ano a finais do verán no encoro de Caldas. Sen embargo, este ano as consecuencias foron maiores pola alta acumulación de nutrientes nas augas e o baixo nivel ó que se atopa o encoro.

    A construción dun novo depósito e dunha nova potabilizadora, son dúas das solucións presentadas polo alcalde da localidade. A pesares de que resaltou a importancia das actuais instalacións, José Manuel Rey esixiu solucións.

    Pola súa banda, a asociación Adega e a coordinadora antiencoro de Caldas alertaron da perigosidade desta bacteria. Ambas agrupacións aseguran que, segundo estudos da Universidade de Santiago e da Organización Mundial da Saúde, o consumo de auga con esta cianobacteria pode provocar problemas hepáticos, intestinais, neurotóxicos e mesmo funcionar como desencadeante de afeccións de tipo tumoral.

    Redacción Salnés