![]()
VILAGARCÍA> Esta cifra supón un aumento de 1.042 persoas con respecto ó 2009. As familias xa representan o 12% do total dos casos atendidos por Cáritas.
{flowplayer}images/salnes/ACTIVIDADES_CARITAS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
Unha vez máis a crise sinálase como a principal responsable deste aumento nas peticións de axuda a Cáritas; uns problemas económicos que tamén inflúen no perfil das persoas que acoden á organización.
As familias xa representan o 12% das peticións que Cáritas recibe no seu apartado de atención primaria. Ademais, durante o 2010 390 persoas sen fogar, fronte ás 158 de 2009, e 328 inmigrantes, tamén recorreron á organización. O cuarto colectivo que máis axudas solicitou foi o dos drogodependentes.
Grazas ás diferentes campañas de recollida de fondos e á colaboración de socios, voluntarios e parroquias, no 2011 Cáritas contará cun orzamento de 250.510 euros para realizar as súas actividades, actuacións que tamén poderán seguir adiante grazas á solidaridade da xente.
Ademais, a petición das súas traballadoras sociais, Cáritas estudará a realización de dúas quendas no comedor para atender familias e xente sen fogar que a diario acoden a este servizo.
Redacción Salnés







