Malestar ante o anuncio do plan de residencias da Xunta que deixa fóra a Cambados

CAMBADOS> Malestar en Cambados ante o anuncio do plan de residencias da Xunta que deixa fóra a Cambados. O alcalde lamenta que o goberno galego desaproveite a oportunidade de facerse co pazo de Montesacro para manter no municipio unha residencia. Samuel Lago di que o goberno local seguirá insistindo para que salva-lo asilo. Di que se trata dun servizo básico non só para a vila, senón para toda a comarca porque, lembra, en todo O Salnés non hai nin unha soa residencia pública.

Continúa o debate arredor do futuro do asilo de Cambados. Agora é o concello o que critica o plan de residencias da Xunta, anunciado por Alfonso Rueda. Unha planificación que contempla a a construción ou mellora de 24 centros en toda Galicia, pero que deixa fóra a Cambados en particular e á comarca do Salnés en xeral.

E o problema do asilo de Cambados, lembra o alcalde, non estaba enriba da mesa hai dous anos. Un asunto, explica, que preocupa ao concello dende que se soubo da intención por parte da congregación de vende-lo Pazo de Montesacro, onde o asilo presta os seus servizos. Lago asegura que dende aquela, hai agora oito meses, non se cansou de escribir e chamar á Xunta, sen obter resposta. Di que iso non impedirá que siga insistindo.

E aproveita o socialista para critica-lo modelo que pretende implanta-la Xunta porque, explica, está descargando nos concellos competencias autonómicas.

Sobre a venda do Pazo de Montesacro, polo de agora non hai constancia de ningunha oferta firme enriba da mesa. Samuel Lago lamenta que tarde ou cedo esa operación acabará consumándose, quedando Cambados sen o seu asilo. Nestes momentos, o centron continúa presntado os seus servizos con normalidade, deixando xa sen cubrir aquelas prazas que van quedando libres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí