A marca Galicia Calidade patrocinará o triatleta Gómez Noya nos vindeiros dous anos

PONTEVEDRA> O selo Galicia Calidade únese á listaxe de patrocinadores do triatleta Javier Gómez Noya. O conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o deportista asinaron este mediodía o convenio polo cal nos vindeiros dous anos Gómez Noya recibirá da Xunta 20.000 euros pola promoción que fará de Galicia nas súas diferentes citas internacionais.

 

O triatleta Javier Gómez Noya xa é embaixador do selo Galicia Calidade. A Xunta e o deportista asinaron esta mañá un convenio para os vindeiros dous anos polo que a marca convértese nunha das súas patrocinadoras.

Segundo o acordado, o triatleta recibirá 20.000 euros, 10 mil por ano de vixencia do convenio. Contía que lle axudará a seguir competindo, ademais de levar o nome de Galicia por todo o mundo.

Con este acordo, a Consellería de Economía e Industria busca levar a marca Galicia Calidade máis aló do sector alimenticio, e estendela a todos os sectores económicos da comunidade.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/05/convenio_galicia_calidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/05/convenio_galicia_calidade.mp4{/flowplayer}