GALICIA> A Selección Galega de Fútbol volve despois de 7 anos sen xogar e faino nun partido contra a selección venezolana, que disputará este xuño a Copa América Centenario. Os encargados de dirixir ao conxunto galego son os ex xogadores de Celta e Depor, Michel Salgado e Fran. A cita…o vindeiro día 20 en Riazor.
A selección galega absoluta de Fútbol volve á escena o vindeiro venres 20 de maio cun partido contra a Selección Venezolana. A irmandiña leva sen xogar sete anos e desta volta os seus adestradores serán os ex futbolistas celtista e deportivista, Michel Salgado e Fran, aos que o presidente da Federación Galega cualificaba de dous referentes da historia do fútbol moderno.
Ambos afrontan o seu primeiro traballo como adestradores e quixeron recalcar a boa sintonía que hai entre ambos á hora de dirixir á selección.
A lista dos convocados xa foi desvelada e ambos lamentaron non poder contar cos xogadores de segunda división por coincidir coa liga.
O encontro será o venres 20 de maio no estadio de Riazor ás 8 e media da tarde.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/federacion_adestradores_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/federacion_adestradores.mp4{/flowplayer}