A defensa do ´Chicle’ alega homicidio imprudente

RIBEIRA> Segundo o escrito presentado pola súa avogada, o presunto autor dos feitos confundiu a Diana Quer cunha feirante, que o sorprendeu roubando gasolina. Ó temer que o delatase, esganouna ata causarlle a morte.

Fronte á petición de prisión permanente revisable da acusación particular e da Fiscalía, a defensa do Chicle alegará homicidio imprudente. Segundo o relato artellado pola avogada de Abuín, este atopábase roubando gasoil ós camións dos feirantes estacionados na zona do Areal durante a madrugada do 22 de agosto de 2016. Cando veu achegarse a Diana Quer temeu que puidera delatalo polo que se abalanzou sobre ela e a agarrou con forza polo pescozo ata causarlle a morte sen tan sequera decatarse. Alega ademais a defensa a colaboración do Chicle coa Garda Civil ó conducilos ata o lugar onde se atopou o cadáver. En definitiva, un delito de homicidio imprudente en lugar de asasinato, que estaría penado con entre dous anos e seis meses de cadea. Nada que ver coa petición da acusación particular e da Fiscalía que solicitan prisión permanente revisable por un delito de asasinato, outros 20 anos por detención ilegal e doce por agresión sexual, así como o pago dunha indemnización de 290 mil euros á familia.