O PSOE de Lousame demanda o acceso á información municipal

    LOUSAME> O PSOE de Lousame denuncia a falla de resposta por parte do concello ante as solicitudes de información que ten presentado o seu grupo no presente mandato. Solicitan ademais a dotación dun local na casa consistorial para uso dos grupos da oposición. Os socialistas levan sen poder presentar iniciativas e mocións dende o mes de marzo cando se celebrou o último pleno ordinario no concello de Lousame. Trala sesión de organización, en xuño, agardaban a celebración dun pleno en agosto que polo momento non foi convocado. A isto, denuncian, engádeselle a falla de resposta ós cinco escritos que levan rexistrados no concello. Por outra banda, seguen a demandar que se habilite un local no concello para atender ós veciños xa que na actualidade carecen de dependencias para atender ós veciños.