BOIRO> O proxecto de recuperación paisaxística do contorno do Pazo de Goiáns enmarcarase no Plan de Cooperación cos concellos da Deputación.
{flowplayer}barbanza/proxectogoians.flv{/flowplayer}
Na espera de que a compra do Pazo de Goiáns se materialice definitivamente, o grupo de goberno boirés presentou o proxecto de recuperación medioambiental que se levará a cabo nos xardíns e na zona de cultivo que rodean a edificación. Entre as actuacións figuran unha limpeza en profundidade do terreo, a construción dun sementeiro cas especies máis significativas e a recuperación das tramas do
Obradoiro de emprego
O proxecto, orzamentado en douscentos mil euros, levarase a cabo ó abeiro do Plan de Cooperación cos concellos da Deputación de A Coruña. Dende o executivo local están a espera de coñecer se a Consellería de Traballo da luz verde a un obradoiro de emprego, mediante o cal se executaría a actuación.
Neste Plan da Deputación o concello de Boiro incluirá tamén unha actuación de recuperación de espazos degradados no casco urbano, entre a Avenida da Constitución e a Rúa Principal. Serán pequenas obras de limpeza, construción de beirarrúas, alumeado e reposición de equipamento urbano.
Dentro da partida desta actuación, que acada os douscentos sete mil euros, tamén esta previsto recuperación a antiga casa do concello e ampliar e mellorar o parque infantil da praza de Galicia.
O grupo de goberno anunciou que será a propia administración local a encargada de executar as obras destas actuacións. Un fórmula que, explicou a edil de Emprego, axudará a facer rendible a subvención, aforrará custos e permitirá a creación de corenta novos postos de traballo.
Redacción Barbanza