ILLA> A Illa vestíuse de gala na tarde de onte para dar a benvida ós novos campións do mundo de Maratón. Ramón Ferro e Óscar Graña xa están de volta na casa onde foron recibidos e homenaxeados por veciños, amigos e autoridades.
{flowplayer}images/salnes/piraguismo_280910.flv{/flowplayer}
A zona do Bao, na Illa, foi onte unha auténtica festa. Case un cento de persoas deuse cita nas instalacións do club de piragüismo para rendir homenaxe ós seus tres mundialistas: ó xoven Juan Luís Oubiña, e en especial ós novos campións do mundo, Ramón Ferro e Óscar Graña. A súa medalla de ouro acadada o pasado domingo en Bañolas, en C-2 senior, os converte na mellor parella de Maratón do planeta. Un éxito moi traballado e moi buscado durante os últimos anos.
O Presidente da Deputación aproveitou a ocasión para reafirmar o comprosimo da institución co club. Di que fará todo o posible para que na Illa se poida desfrutar dunhas instalacións dignas.
Pero os grandes protagonistas eran os padexeiros. Despois de recibir unhas placas conmemorativas chegou o momento dos agradecementos. Emocionante e sentido foi sobre todo o de Ramón Ferro.
Confetti e gaitas pecharon o acto. Agardemos que o que non se peche sexa o ciclo victorioso destes dous grandes deportistas.
Redacción Salnés