VILANOVA> O Pleno aprobou, cos únicos votos a favor do goberno, a modificación puntual das Normas Subsidiarias.
{flowplayer}images/salnes/PLENO_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Para desestimar as alegacións presentadas contra un proxecto moi criticado no seu día polos pequenos comerciantes, o grupo de gorbeno agarrouse á cuestión legal. A modificación puntual das Normas Subsidiarias conta cos informes favorables das diferentes Consellerías da Xunta. Gonzalo Durán tirou da cuestión moral, ó reiterar que o centro comercial pode ser un impulso económico par a o municipio e a comarca.
Non o viron así os grupos da oposición. Dende o BNG, acusaron a Durán de venderse ós intereses privados de Desarrollos Vilanova SL e levar a cabo unha especulación urbanística en toda regla. Carmela Alfonso afirmou que o macroárea vai suponer quebra dos pequenos comercios de Vilanova.
Os socialistas, pola súa parte, manifestáronse contrarios á modificación puntual ó asegurar que non está clara a tramitación da compra de terreos. Rodrigo Santiago, conseguiu inducir unha cláusula para que teñan preferencia de contratación os comerciantes que perdan o seu posto de traballo.
Ó final dun pleno caldeado, a votación. O PP aprobou en solitario a modificación da norma, pero houbo unanimidade na ratificación do convenio entre o concello e Desarrollos Vilanova.
Redacción Salnés