Escepticismo ante o anuncio da construción da nova praza de abastos

    prazaribeira.jpgRIBEIRA> O concello vén de anunciar que a novo mercado ubicarase na mesma parcela onde se atopa a actual praza que será demolida.

    {flowplayer}barbanza/novaprazaribeira.flv{/flowplayer}

    A maior parte dos vendedores da praza amosáronse incrédulos ante este novo anuncio. Din que xa son moitas as veces en que o concello se comprometeu a acometer a construción do mercado sen que ata o momento se teña feito nada por mellorar as súas condicións de traballo. Por estes motivos, prefiren non caer no entusiasmo e agardar ata que se concrete o proxecto para comezar a tomar en serio o anuncio realizado polo executivo.

    Os traballadores levan anos demandando a construción dun novo mercado e hai meses iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas para conquerir un lugar digno no que desenvolver a súa actividade. De momento, xa son moitos os apoios conseguidos posto que os usuarios son conscientes das deplorables condicións en que se atopa a praza.

    Múltiples deficiencias

    Ademais da falta de hixiene, os praceiros denuncian as moitas carencias das instalacións que lles impiden desenvolver o seu traballo con normalidade. O edificio non conta con montacargas para transportar a mercadoría e o xeo polo que teñen que cargalos ó lombo.

    A humidade incrementa a sensación de frío que en inverno faise insoportable polo que algunhas traballadoras mesmo tiveron que mercar roupa especial de neve para facer fronte ás baixas temperaturas. O deterioro do edificio contribuiu á perda progresiva de clientes polo que ademais de ter que traballar en condicións lamentables a actividade xa nin sequera é rendible.

    Redacción Barbanza