![]()
BARBANZA> A Mancomunidade Arousa Norte está a desenvolver un curso formativo en turismo accesible dirixido a empresarios e técnicos dos concellos.
{flowplayer}barbanza/arousanorteturismoaccesible.flv{/flowplayer}
Visitar un museo, aloxarse nun hotel ou ir a cear a un restaurante son accións habituais que leva a cabo calquera turista que visita un lugar. Non obstante, estas situacións normais supoñen un esforzo adicional para un turista discapacitado ou con mobilidade reducida.
Dende o luns unha vintena de empresarios do sector turístico da Barbanza póñense na pel dun invidente ou dunha persoa en cadeira de rodas que decide visitar a comarca.
Turismo adaptado
O obxetivo é artellar un completo programa de oferta turística de calidade adaptada a todos.
O proxecto de turismo accesible para cegos está promovido dende a Mancomunidade Arousa Norte en colaboración coa ONCE, a través dun convenio coa Consellería de Cultura e Turismo, que aporta unha achega de cento dez mil euros.
Redacción Barbanza









