O BNG critica ó executivo por non solicitar axudas a Medio Rural

    bng_pobra_axudas.jpgPOBRA> As subvencións irían destinadas á realización de tratamentos preventivos contra os incendios forestais en vías e camiños de titularidade municipal.

    {flowplayer}barbanza/bngpobraaxudas.flv{/flowplayer}

    Os nacionalistas da Pobra arremeteron esta mañá contra o equipo de goberno, despois de comprobar como na listaxe de concellos de toda Galicia que asinaron convenios con Medio Rural destinados á realización de tratamentos preventivos contra os incendios forestais en vías e camiños de titularidade municipal non aparecía este municipio. Ademais da importante perda económica, os nacionalistas critican a ineficacia do executivo local, xa que o concello pobrés se atopa nunha zona de alto risco de lumes.

    Zonas como Quintáns, onde se atopa un importante xacemento arqueolóxico, ou a Carballeira da Silva, son algún dos lugares que segundos os membros da formación frentista se poderían beneficiar deste tipo de axudas.

    Redacción Barbanza