Moitos comerciantes de O Salnés aínda non saben se van á folga

    FOLGA29 copy.jpg SALNÉS> Outros aseguraron que van secundar a folga xeral convocada para o 29 de setembro porque tamén se ven prexudicados pola reforma.

    {flowplayer}images/salnes/PREVIA_FOLGA_29.flv{/flowplayer}
    Nos últimos días, os sindicatos da comarca intensificaron a súa actividade para incitar ós arousáns a asistir á folga xeral. CCOO e UXT tamén animaron ós comerciantes do Salnés a que se unan a esta convocatoria.
    A día de hoxe moitos empresarios aínda non decidiron se van abrir os seus negocios ou non. Algúns si decidiron apoiar a folga para reivindicar os dereitos dos traballadores e porque, aseguran, eles tamén se ven prexudicados. Opinións contrarias ó que informou fai uns días a Federación comarcal de Empresarios de Arousa. Cualificaron a folga xeral de incongruente, innecesaria e inútil. Ademais, aseguraban que os empresarios arousáns rechazaban a folga e reclamaban o diálogo social.
    Os que decidiron non asistir a esta convocatoria aseguran que o fan porque os sindicatos non miran polos intereses dos autónomos.
    A pesares desta situación os sindicatos agardan que os empresarios da comarca acudan á folga xeral porque recoñecen que tamén se ven prexudicados por esta reforma laboral.
    Redacción Salnés