Amigos de Galicia impulsará dous proxectos para dar traballo a mulleres

    amigos_galicia100.jpgVILAGARCÍA> Amigos de Galicia atende máis de oito mil persoas na actualidade, e unha parte moi importante son mulleres vítimas …

    … de violencia doméstica.

    Nos últimos meses, axudaron a resolver casos como os da muller de Portas que faleceu a mans do seu home ou o dunha muller do Grove, ambas con seis fillos. Amais de repartir alimentos, roupa ou produtos de hixiene entre as familias máis necesitadas, a fundación considera fundamental axudar a esas mulleres a que poidan incorporase ó mundo laboral. Neste senso Amigos de Galicia porá en marcha dúas empresas nas que se empregará a mulleres, e para iso busca a colaboración da Xunta.

    Os responsables da fundación recibiron onte á tarde á secretaria Xeral da Igualdade, Marta González, a quen lle amosaron un deses proxectos, a lavandería industrial, na que traballarán 15 mulleres. A outra iniciativa sería empregar a unhas dez mulleres para confeccionar uniformes destinados ó persoal sanitario, e sobre ela falará dentro duns días a directiva da fundación nunha reunión coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas. A directora xeral manifestoulles a súa confianza en que a Xunta siga colaborando coa fundación o vindeiro ano e darlle saída a estes proxectos.

    Redacción Salnés