Concerto Galicia Fermosa en Carril no Día das Letras Galegas

VILGARCÍA> Concerto Galicia Fermosa en Carril para festexar o Día das Letras Galegas. O concello de Vilagarcía homenaxeará con este acto ó músico falecido Juan Vidal Lemiña. O acto estará protagonizado polo Coro Son de Carril e contará ca participación de máis artistas.

Nos últimos anos o concello de Vilagarcía vén celebrando un concerto en Carril polo Día das Letras Galegas. Este ano o acto titúlase Galicia Fermosa e con el homenaxearán ó músico carrilexo falecido Juan Vidal Lemiña.

Juan Vidal Lemiña foi un compositor e músico de Carril que dedicou gran parte da súa obra á súa vila. Con este concerto o concello quere homenaxear á súa música pero tamén á súa localidade natal.

O acto comezará as 13 horas e estará protagonizado polo Coro Son de Carril coa dirección de Pablo Vidal, fillo de Juan Vidal. O concerto estará formado por 9 pezas nas que colaborarán máis músicos.

Tanto o concello como Pablo seguirán colaborando para dar a coñecer a obra de Juan Vidal. Sonia Outón xa anunciou que están a traballar na publicarán dun libro e un CD sobre o artista.