CAMBADOS> O concello de Cambados presenta a terceira edición do torneo de golf Semana de Ouro do Albariño. Unha competición que se disputará do 22 ao 28 de xullo e que estará patrocinado por 5 bodegas da contorna que realizarán diferentes actividades.
O golf e o albariño volverán a ir da man coa celebración da terceira edición do torneo de golf semana de ouro do albariño. Unha competición na que se darán cita máis de 500 xogadores e xogadoras e que medra ano tras ano.
O evento serve para patrocinar non só o deporte se non tamén a comarca.
A competición disputarase do 22 ao 26 de xullo e a final será o día 28. Cada unha das cinco primeiras xornadas están patrocinadas por unha bodega. As colaboradoras son Bodega Pazo Señorás, Bodega Lagar Pintos, Bodega Paco y lola, Adegas terra de Asorei e Bodega Martín Códax.
Cada adega realizará unhas actividades diferentes como degustacións de viño ou celebracións nas propias bodegas. No que respecta ao torneo pasarán a final a metade máis un dos participantes tendo en conta a mellor puntuación en tres das cinco xornadas.






