As adegas do Salnés rematan a vendima 2010 con resultados óptimos

    vendima_100.jpgCAMBADOS> A adega Martín Códax ven de concluír a vendima da que é a maior colleita da súa historia, cunha porcentaxe do 35 % máis de uva…

    {flowplayer}images/salnes/peche_vendimas_29092010.flv{/flowplayer}

    … recollida respecto á anterior anada. Os traballos de recollida remataron esta fin de semana logo de un mes de traballo, dado que se realizou de xeito escalonado nas 2.400 parcelas desta cooperativa, co fin de lograr unha maior calidade do producto. Segundo os técnicos desta adega cambadesa, esta anada supera en calidade á do 2006, ó térense recibido uvas de unha media de 13 de graos e un nivel de acidez de en torno ó 7,5 %.

    Con esta uva de excelente calidade, esta sociedade anónima agarda facturar para o próximo ano uns 20 millóns de euros, 5 máis que no ano 2009.

    Porén, aínda quedan algunhas parcelas por colleitar posto que están destinadas a unha vendima tardía que terá lugar a finais do vindeiro mes de outubro e que irá destinada a crear Gallaecia, un dos viños Premium desta adega.

    Algo similar aconteceu en Condes de Albarei, onde se recolleron uns 3 millóns de quilos de uva, que aínda que non chegan ós niveis de fartura da anada do 2006, si superan tódalas expectativas en calidade.

    De agora en diante, ó traballo corresponde ós técnicos e enólogos, aínda que dadas as condicións da materia prima agárdase que a anada sexa cualificada de excelente. Ó mesmo tempo, estas adegas afánanse en buscar novos mercados para dar saída a esta ampla producción: vista a situación de crise nacional intentarán ampliar as súas fronteiras en novos países da diáspora.

    Redacción Salnés