O Maralbatur Running Fest 2016 comezará o sábado con moitas novedades

    O GROVE> Dous anos despois da súa última edición… regresa o MaralbaTur Running Fest 2016 cargado de novidades para os afeccionados a media maratón, entre as que destaca o cambio de ruta…

    O Casino de A Toxa albergou a presentación do Maralbatur Running Fest 2016, que se celebrará o domingo. Unha proba de media maratón que volve a celebrarse despois de dous anos sen facelo, con varias novidades… unha das principais é que a saída será dende O Grove e rematará en Sanxenxo.

    Unha proba deportiva na que hai anotados máis de 600 participantes, que percorrerán uns 21 km pertencentes a comarca do Salnés. Unha actividade, que segundo Jesús Sueiro representa algo máis ca un deporte.

    Unha media maratón apadriñada polos deportistas Pedro Nimo e Paula Mayobre. A pesar de que na súa última edición celebrouse en setembro, nesta ocasión o MaralbaTur será este domingo de maio.

    Masterclass de Zumba, concertos, e hasta unha carreira para nenos, que se celebrará o sábado, e para que xa hai anotados uns 400 rapaces farán desta edición unha das máis movidas e dinámicas competicións deste tipo. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/19/ptac_carreira_maralba_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/19/ptac_carreira_maralba.mp4{/flowplayer}