![]()
RIBEIRA/NOIA> UXT e CC.OO. mobilizáronse en Ribeira. Pola súa banda, a CIG escolleu a vila de Noia para levar a cabo a súa acción reivindicativa.
A manifestación convocada pola UXT e CC.OO. saía ó redor do mediodía dende a praza do mercado, percorrendo varias rúas de Ribeira ata chegar a praza do concello. Alí, os líderes das dúas forzas sindicais, Xoán Lamela e Antonio Santamaría dirixíanse ós traballadores e daban lectura a senllos manifestos.
Ámbolos dous agradeceron a implicación de toda a cidadanía neste acto reivindicativo e cifraron a asistencia en torno o milleiro de persoas. Consideran que o éxito da folga amosa ás claras que o goberno está errado coa aprobación da reforma laboral polo que, máis tarde ou máis cedo, terá que rectificar.
{flowplayer}barbanza/mobilizacionsfolga.flv{/flowplayer}
Acto en Noia
Paralelamente a celebración desta manifestación, o sindicato nacionalista CIG levaba a cabo un acto similar en Noia. O seu máximo responsable na Barbanza, Xan García indicaba o éxito acadado nas empresa dos sectores máis representativos na bisbarra como o conserveiro, a construción ou a madeira. Pola contra, o lider sindical nacionalista lamentou o seguimento irregular no eido da alimentación, ensino e na administración pública.
Con todo, manifestou que o obxectivo veuse cumprido, malia que admitiu que a folga tíñase que ter convocado con antelación. García criticou as presións exercidas contra os traballadores en varias empresas da bisbarra. Dende a CIGA esperan que perante esta resposta tan contundente dos traballadores, o goberno central tome boa nota e mude na súa postura.
Redacción Barbanza










